Número de libros encontrados: 5
Camiño perigoso
En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos...
Choiva de ras
Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras...
Viaxe de ida e volta
Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación...
Laia, a nena da illa
Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces...
Ota quere voar
Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan...